Archivo de la etiqueta: Premio Merlín

Máis sobre premios literarios en Galicia

Hoxe falláronse os Premios Xerais (nas tres categorías, infantil, xuvenil e xeral), un dos eventos literarios máis agardados en Galicia, e neste ocasión non chegou tampouco o triplete feminino (masculino tivemos en 2006 e 2011). Como representación maleducada, contamos coa flamante gañadora e prolífica escritora María Canosa, que se alzou co Premio Merlín de Literatura Infantil 2017 pola obra “Muriel”.

maria_canosa.jpg

María Canosa, Premio Merlín 2017 [fonte: Praza Pública]

Este feito, tróuxome á mente que nas Letras Galegas si temos un triplete: tres escritoras foron lembradas (Rosalía de Castro en 1963, Francisca Herrera en 1987 e María Mariño en 2007) en total, contra cincuenta e un escritores varóns, un dos tantos dezasete de maio dende 1963. Un triste triplete.

Por ese motivo, pola urxencia de solventar tremenda inxustiza histórica, dende o colectivo A Sega, plataforma de crítica literaria que nace en 2013 co obxectivo de amosar as obras escritas por autoras e realizar novas lecturas de todo o acervo literario en lingua galega, instauraron o Día das Galegas nas Letras, que se ven celebrando dende hai tres anos (vai para a súa cuarta edición este 2017) cada 15 de agosto. Día da Nosa Señora… das Letras Galegas.

Pasaron por ese podio peculiar e magnífico, ata o momento, as seguintes creadoras:

  • 2014: DOROTHÉ SCHUBARTH
  • 2015: MARÍA VICTORIA MORENO
  • 2016: MARÍA XOSÉ QUEIZÁN

En 2017 a homenaxeada será Patricia Janeiro, autora de Caixa de mistos (Sotelo Blanco, 2005) e A perspectiva desde a porta (Positivas, 2009). E como Maleducada estou moi contenta por iso e porque o colectivo de A Sega veu recoñecida a súa labor co Premio ao Mellor Proxecto Literario na Rede na II Gala do Libro Galego, que tivo lugar o pasado mes de maio en Compostela.

patricia_janeiro_senhora_letras_2017

Patricia Janeiro, a Nosa Señora das Letras Galegas 2017. [Fonte: Cultura Galega]

E cadaquén que saque as súas conclusións…

Etiquetado , , , , , , , , ,