Archivo de la etiqueta: La hija del mar

Rosalía e o mar

[artigo publicado orixinalmente o 05 de marzo de 2013 no blog en galego 100% Maleducadas, actualmente inactivo. A actividade que, por tanto, nel se explica, foi cousa do pasado, o que non quita que non poidades seguir espallando fragmentos de Rosalía. Pica aquí se desexas consultar ese blog ao completo]


Na nosa campaña de difusión da obra rosaliana Canta Rosalía, hoxe temos para vós unha nova actividade que agardamos que vos guste. Con anterioridade espallamos fragmentos da súa Carta a Eduarda, e o que agora traemos son pequenas pílulas de La hija del mar, mais non nos conformamos con deixala voar nos buzóns do vecindario: queremos que suque o mar! Para iso, na nosa páxina de facebook colgamos un álbum cos fragmentos elixidos e aquela imaxe que teña máis “Gústame” de aquí ao sábado será introducida nunha botella que, correctamente selada, viaxará acabalo das ondas do Atlántico e se cadra arribará a afastadas ribeiras ou se mergullará na procura das protagonistas da historia.

rosalia-hijamar

Capa dunha das edicións de La hija del mar.

Ademais, antes do sábado, tes a posibilidade de propoñer outras citas, as túas favoritas da devandita obra (La hija del mar). Podes facérnolas chegar a través das múltiples canles coas que contamos, comezando cos comentarios desta mesma entrada, e incluiremos unha nova imaxe con elas no álbum de Facebook.

La hija del mar (1859), escrita en castelán, é un relato con sabor salgado que nos achega á vida de dúas mulleres excepcionais, Teresa e Esperanza, nai e filla, vencelladas ao mundo mariñeiro, que se verán arrastradas á traxedia de corte romántico dun amor cuxa contraparte queda en mans dun pirata desalmado.

Pode lerse La hija del mar picando AQUÍ.

Etiquetado , , ,