Breve análise maleducada da colección “Mulleres bravas da nosa historia”

Mulleres bravas da nosa historia” é unha colección de libros orientados ao público infantil que recompilan recensións biográficas de mulleres senlleiras de Galicia, e, sen dúbida, con intención de convertelos en ferramentas da ensinanza dada a súa maquetación colorida, repleta de cadros explicativos, textos sinxelos e entretidas actividades, sendo o primeiro libro do proxecto, como non podía ser doutro xeito, o dedicado a Rosalía de Castro.

Os libros están encadrados dentro da política de Urco editora de apostar por unha concepción feminista da realidade -entre os obxectivos da cooperativa na que a empresa se encadra está o da “emancipaçom da mulher”-, denunciando o machismo asentado ou mesmo incrustado placidamente na sociedade, que podemos descubrir noutras novelas do seu catálogo, como A teoría do tempo imaxinario, de Eduardo Santiago ou Despois do Cataclismo, de María Alonso, e o seu intento de visibilizar as voces literarias femininas en volumes como Verbas de Atenea, editado por Contos Estraños, daquela editorial independente e hoxe selo de seu. Precisamente, o Verbas de Atenea ten en común cos libros de “Mulleres bravas…” que a autoría tanto de textos como de ilustracións queda completamente en mans de mulleres, e neste último caso súmase a iso o equipo editorial ao completo.

Así, a coordinación editorial (cando menos nos primeiros dous volumes da colección) corre a cargo de Andrea Jamardo Seijo, a revisión lingüística é responsabilidade de Raquel Vila Amado, e conforman o comité asesor Patricia Porto Paderne e Mariám Mariño. As ilustracións son da autoría de Eva Agra, unha ilustradora profesional coñecida nas redes, segundo nos contan as lapelas dos libros, co alcume de Komorebi. A redacción, pola súa banda, depende de cada libro. A Rosalía de Castro, a icona por excelencia da literatura galega, ponlle voz María Lado, empregando como transmisora unha simpática lucecú, mentres que o segundo número, dedicado a María Victoria Moreno, profesora e escritora, homenaxeada no II Día das Galegas nas Letras, asínao Eli Ríos, que escolle como narradora á afouta nena Navia. Na miña opinión, ese estilo de abordar as anécdotas biográficas pouco coñecidas das devanditas mulleres bravas, a carón de fragmentos da súa obra, e completar o perfil con fotos e ilustracións, a través do fío condutor de distintas narradoras, é un xeito orixinal de facer cómplices ás crianzas daquilo que nos libros se lles conta.

photo_0170551309aufbph

Eis a imaxe dos dous libros publicados ata agora da colección, “Rosalía de Castro” e “María Victoria Moreno”. A piques xa de entrar no prelo o terceiro volume, dedicado á pintora Xulia Minguillón e escrito por María Reimóndez.

A publicación desta colección foi posible grazas a unha campaña de mecenado virtual, e os nomes das persoas que colaboraron nelas aparecen reflectidas en cada número, figurando como librarías colaboradores, ademais, a Lila de Lilith, de Compostela, e a Suévia, da Coruña.

Obrigada tanto a Urco como a todas as persoas que participaron no micromecenado destas publicacións, desde Maleducadas, por axudar nesta labor de traer á luz o traballo de tantas mulleres que, habitualmente, queda na sombra, e aproveito para recomendarvos estes volumes como un bo agasallo neste día de hoxe, no que en Galicia vense celebrando nos últimos anos o aniversario de Rosalía coa suxestión de agasallar ás nosas amizades cun libro en galego e unha flor.

Anuncios
Etiquetado , , , , , ,

Un pensamiento en “Breve análise maleducada da colección “Mulleres bravas da nosa historia”

  1. […] Máis información no meu blog Maleducadas: Breve análise maleducada da colección “Mulleres Bravas da Nosa Historia”. […]

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: