Club 100%: 2ª lectura: Reckless. Carne de pedra

[artigo publicado orixinalmente o 11 de decembro de 2012 no blog en galego 100% Maleducadas, actualmente inactivo. Pica aquí se desexas consultalo completo]

Tras un campionato longo e esforzado de literatura de aventuras e fantasía en galego, non abandondamos de momento a nao desta temática porque chega unha vez máis o noso club 100%, de lectura 100% maleducada e na lingua deste país de brumas, con máis brumas se cadra neste mes de decembro, propicio para quedar na casa, sentar no sofá cunha mantiña, e darse á lectura. Aproveitando tan idóneas condicións, convocámosvos á segunda lectura, Reckless. Carne de pedra, de Cornelia Funke, como xa dixemos na mesma liña de aventuras e fantasía que as que participaron no campionato porque a boa fortuna quixo que mantivesemos unha maleducada conversa con María Xesús Bello, a tradutora do libro. O debate ou actividade sobre a lectura publicarase dentro de aproximadamente un mes. Aquí mesmo podedes ler os datos da obra elixida, extraídos directamente da ficha da editorial:

FUNKE, Cornelia. Reckless. Carne de pedra / trad. María Xesús Bello Rivas. Vigo: Xerais, 2010.  Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil/Infantil traducido ao galego, 2010

Jacob Reckless cometeu un erro: despois de moitos anos de precaución, seu irmán Will cruzou o espello e foi tras el… a un mundo no que os contos máis tenebrosos se volven realidade e no que a maldición dunha fada sementa carne de pedra. Ese mundo foi fuxida e fogar para Jacob durante moitos anos e nel andou por fragas e outeiros na busca de obxetos máxicos para reis e emperadores.Pero cando a pel de Will se transformaen xade, Jacob marcha na procura dunha única cousa: a menciña que salve a seu irmán.
Anuncios
Etiquetado , , , ,

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: