Campionato de literatura de aventuras e fantasía en galego

Aló polo 2012 (canto tempo xa), 100% Maleducadas organizou un campionato de aventuras e fantasía en galego para decidir o libro clave do xénero en galego ou, cando menos, e máis importante, para dar unha baralla de opcións de lectura ás nosas e ós nosos visitantes nese xénero literario que, ata daquela, se me facía algo escaso, malia que vai medrando e medrou moito dende entón. Hoxe e en días subseguintes, como viñen facendo con outros artigos do devandito blog, recupéroo en Maleducadas para que sexa máis accesible á xente interesada.

Saúdos maleducados, e vai a primeira entrega do Campionato maleducado de literatura de aventuras e fantasía en galego#onosocampionato.


28 de maio de 2012

¡Quieto todo el mundo!

Voume ter que poñer seria, porque aquí todo o mundo é máis maleducado que as blogueiras que xestionamos esta bitácora e pasades das propostas que vos facemos. Que non comentades que lectura vos faría ilusión ler? Non hai problema! Golpe de Estado Maleducado! Saco de libro e a berrar: se lean coño!

E unhas imaxes reais para ilustralo…

Pois iso, que nesta entrada implantamos a ditadura maleducada e impoñémosvos a obriga de ler (ou reler) O segredo da pedra figueira, onde María Xosé Queizán recupera a historia de Lazo, unha rapaza de doce anos que emprende viaxe coa súa tribo dos Amala desde a illa de Rocasul cara ao Sur. No barco, a avoa Sensatanai cóntalle a historia dos terroríficos Lurpios, que botaran a tribo da illa de Tule por atopar unha espada coa que mataron o Gran Dragón

E xa non vos contamos máis! Quedades convocad@s a un debate aquí mesmo dentro de aproximadamente un mes! Seguiremos informando! Disólvese a sesión e rendemos as armas…

Anuncios
Etiquetado ,

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: