Máis maleducadas ca nunca

[artigo publicado orixinalmente o 17 de maio de 2012 no noso blog en galego 100% Maleducadas, actualmente inactivo. Con el buscouse significar a literatura escrita por mulleres e escrita en galego, de aí a saúda ao blog que podes ler a continuación. Pica aquí se desexas consultalo completo]


Ola a todas e todos, queridiñas e queridiños maleducados, dende este nova sucursal nosa que abre ao público galegofalante (e a quen goste de ler na nosa lingua) nun día tan sinalado coma o 17 de maio, día das letras galegas elixido entre os outros centos de días porque un 17 de maio unha grande maleducada, Rosalía de Castro, publica Cantares gallegos, o que marca un fito na historia da literatura galega.
Con este novo espazo buscamos encher o oco da promoción de escritoras galegas que reclamamos coma un dos obxectivos orixinais de Maleducadas, pero ao ir avanzando no tema da literatura escrita por mulleres decatámonos de que todas, sen distinción de lingua, precisaban un altofalante que as visibilizase. É o noso un altofalante pequeno, non chega a millóns, nin sequera a milleiros, de persoas, pero é un altofalante que emite unha mensaxe sen distorsións: queremos que se vexa o traballo maleducado (isto é, que non contou durante séculos co visto e prace da sociedade) das nosas escritoras.
Aínda que o traballo se nos multiplica, a pesar de que seguimos a ser só dúas formiguiñas, seguimos abrindo espazos para vós, e dicímolo contentas do que levamos camiñado, por iso eliximos para esta presentación unha tamaño de letra coloSAL. Velaquí estamos xa para ofrecervos unha nova fiestra ás nosas literatas, máis maleducadas ca nunca: 100% maleducadas!!!
Seguímonos, maleducad@s, tamén en galego! E benvid@s!!!
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: